Reflexión tras a lectura de http://odscoia.arkipelagos.net/content/invisibilizando-%C3%A1s-persoas-empobrecidas-tramitaci%C3%B3n-das-axudas-de-emerxencia-municipais
Deshumanización da pobreza.
Unha historia “de formación” e “deformación” profesional.
Tiven
sorte. Tiven unha familia agarimosa e responsable. Tiven estudos, Tiven
traballo.
Tiven
sorte. Ensináronme valores, ensináronme a respectar á outra persoa, ensináronme
que a muller é igual ao home, e que ser
e ter son cousas afortunadamente
diferentes, e que si alguén ten de máis é porque hai outro que queda con menos
e que si alguén realmente é fai que
as persoas ao seu redor cheguen a ser
dun xeito diferente.
E tiven
sorte porque tiven un traballo e ese traballo sempre tivo que ver co
desenvolvemento deses principios: respecto, igualdade, xustiza, solidaridade,
entrega...
Pero atopeime cun perigo ameazante. O perigo que supón “vivir”,
por así decilo “das desgracias alleas”. Soa horrible, seino, pero ao fin e en último
termo é así. E aínda sendo inevitable que estos traballos existan, o que sí está
nas nosas mans é impedir que suframos unha deformación nos valores que nos
levaron a entregar as nosas capacidades
para logras as oportunidades das outras persoas.
E así ter como lema principal en calquera intervención que
toda persoa é digna de respeto e consideración (tanto máis canto máis
vulnerable). E tendo en conta
que aos servizos sociais se presentan principalmente as persoas máis
vulnerables, é o espazo no que con maior
dignidade é deber traballar. Non somos xuices. Non somos quen de
varlorar se a súa conducta é moral ou inmoral. Temos porén a obriga de facer
visible a inxustiza da que todas somos partícipes e denunciar sen descanso calquera
infracción e sempre dende o lado dos máis vulnerables.
No hay comentarios:
Publicar un comentario